Tes un novo plugin fantástico e espero que teña algo de visibilidade. Está no lugar seguro. Simplemente solicitámonos que o aloxemos por ti. Podes:
- Comprobe cantas persoas o descargaron.
- Deixa que a gente deixe comentarios sobre o teu plugin.
- Fai que valoren o teu plugin en comparación con outros plugins fantásticos de WordPress.
- Da ao teu plugin unha gran visibilidade no seu repositorio centralizado.
Hai algunhas restricións
- O teu plugin debe ser compatible coa Licenza Pública Xeral GNU v2, ou calquera versión posterior. O plugin debe incluír o seu código fonte lexible ou ofrecer unha ligazón clara e accesible ao mesmo. Recomendamos encarecidamente usar a mesma licenza que WordPress: “GPLv2 ou posterior.”
- O plugin non debe impor restricións artificiais á súa funcionalidade integrada. Isto inclúe bloqueos por licenza, muros de pago, probas de tempo limitado, cotas de uso ou calquera outro mecanismo que limite as características incluídas no código do plugin e/ou que o código do plugin poida facer.
- O plugin non debe facer nada ilegal ou moralmente ofensivo (é algo subjetivo, sabemolo).
- Tes que usar o repositorio de Subversion que che ofrecemos para mostrar o teu plugin neste sitio. O directorio de plugins de WordPress é un sitio de hospedaxe, non un sitio de listado.
- O plugin non debe inserir ligazóns externas no sitio web público (como unha ligazón do tipo “feito con” ) sen pedir explícitamente o permiso do usuario.
- O teu plugin debería unirse á nosa lista de directrices detalladas, que inclúen non ser un spammer e non exceder os sistemas.
O envío é sinxelo
- Rexístrate para ter unha conta de WordPress.org. .
- Envía o teu plugin para a súa revisión.
- Unha vez que o teu plugin revisado manualmente será aprobado ou enviado por correo electrónico para obter máis información e/ou correccións.
- Unha vez aprobado, terás acceso a un repositorio Subversion onde almacenarás o teu plugin.
- Pouco despois de cargar o teu plugin (e o arquivo readme!) a ese repositorio mostrarase automaticamente no navegador de plugins.
- Consulta as preguntas frecuentes para máis información.
Ficheiros readme
Para que a túa publicación no navegador ds plugins sexa máis útil, cada plugin debería ter un ficheiro readme chamado readme.txt que segua as normas do ficheiro readme de plugins WordPress. Pode pasar o ficheiro readme a través do readme validator para probalo.